Queres ser voluntaria o voluntario de Cruz Vermella?
Axúdanos a lograr unha sociedade máis xusta e solidaria. Necesitamos máis persoas voluntarias para atender máis e mellor a quen máis o necesita . Non podemos máis que animarte a que te sumes ao movemento humanitario máis grande do mundo.
Facer voluntariado en Cruz Vermella é axudar a recuperar o sorriso de maneiras moi diferentes
Mil maneiras de voluntariado
Entre as mil maneiras de facer voluntariado en Cruz Vermella, hai unha perfecta para ti.
O teu compromiso pódese revisar, modificar, cambiar ou adaptar ás túas circunstancias ou necesidades.
Podes facer voluntariado e traballar, estudar, atender á túa familia, etc. Mesmo facer voluntariado dixital desde casa.
Canto tempo podes dedicarnos? Cada minuto facendo voluntariado é valioso, así que non importa se é moito ou pouco; sempre será benvido.
Non importa cal sexa a túa preparación, experiencia ou estudos. Hai tantas formas de dedicarse ao voluntariado que una seguro que encaixa contigo. E se é necesario, formámoste!
Queres facer voluntariado? Pois non hai máis que falar. Todo serán facilidades, sen demasiada burocracia ou papelada.
Seguro que entre as múltiples formas e áreas do voluntariado, hai unha que se aproxima a iso ao que sempre te quixeches dedicar.
4 pasos para facerte voluntaria ou voluntario
- Faite unha idea do qué podes facer como voluntari@ en Cruz Vermella
- Coñece Cruz Vermella, o seu ideario, principios...
- Se che queda algunha dúbida, déixanos os teus datos de contacto e resolvémoscha
- ¡LÁNZATE! Inscríbete ON LINE como solicitante de voluntariado
- Contactarémosche canto antes para acordar unha entrevista
- Se o desexas, podes ir preinscribiendote no curso de Formación Básica Institucional
- Coñecerémonos e tomaremos nota das túas capacidades e preferencias
- Orientarémosche sobre os postos voluntarios vacantes máis axeitados
- Confirmaremos a túa inscrición nos cursos necesarios (mínimo FBI)
- Acorda cando e como será a túa participación na actividade
- Incorpórate e comeza a axudar ás persoas que máis o necesitan
- Participa, achega melloras, comparte, apóiate no teu referente de actividade