Provincial de Lugo
ASAMBLEA LOCAL.Sarria. Calvo Sotelo, 184 - 982 530 092.
DANO CEREBRAL. Castro Riberas de Lea. Lugo. O Centro de Dano Cerebral de Cruz Vermella Española en Lugo é un recurso sociosanitario especializado na neurorrehabilitación, céntrase na recuperación do sistema nervioso tras unha lesión neurológica (dano cerebral como ictus, accidente cerebrovascular, traumatismo cranioencefálico, anoxia, tumor cerebral, meninxite, encefalopatías, ) ou como consecuencia de parálise cerebral ou dunha enfermidade neurodegenerativa ou neurológica (distrofia muscular, esclerose múltiple, Corea de Huntigton, ataxia,) que ten como misión restituír e/ou compensar as alteracións funcionais derivados do mesmo.
CENTRO DE DÍA. Celeiro, Viveiro. Lugo. O Centro de Día é un recurso capaz de ofrecer coidado e atención global das persoas con Alzheimer e outras demencias en xornada diúrna. Pola noite, as persoas maiores volven ao seu domicilio e, desta maneira, continúan integradas e vinculadas á súa contorna familiar.
PERSOAS MAIORES. Axuda e formación para persoas coidadoras. Apoio psicolóxico, de respiro, formación e recursos para coidadores non profesionais de persoas maiores dependentes con demencia.
PERSOAS MAIORES. Talleres e cursos de estimulación cognitiva. Preténdese optimizar e mellorar o funcionamento das capacidades cognitivas das persoas con deterioración cognitiva leve e tamén das persoas maiores para prevención da demencia a través da realización de exercicios, prácticas e actividades especificas.
PROXECTOS DE INNOVACIÓN SOCIAL. Casa en Campo Castelo 37. Lugo. Resumo e información de actividades, proxectos e campañas de medioambiente, saúde e benestar e dinamización social.
XUVENTUDE. Principios, obxectivos e programas. Na sección xuvenil de Cruz Vermella Española temos como obxectivo obter unha sociedade máis xusta e respectuosa, a través da transmisión e educación en valores, a adquisición de hábitos saudables e o proceso de integración plena das persoas. A nosa asociación xuvenil está formada por nenos, nenas e jovenes de idades comprendidas entre os 8 e os 30 anos.
XUVENTUDE. Intervención e inclusión social. Actuamos en favor do cumprimento dos dereitos fundamentais da infancia e a mocidade, promovendo a mellora das condicións de vida das persoas en situación e/ou risco de dificultade social, infancia e/ou mocidade desprotexida, con discapacidade, desempregada, hospitalizada, inmigrante e familias.
XUVENTUDE. Perspectiva de xénero e coeducación. Pretendemos crear unha sociedade xusta e igualitaria, onde non existan diferenzas entre as persoas por razón do seu xénero.
XUVENTUDE. Promoción e educación para a saúde. Informamos e promovemos o cambio de actitudes cara á adquisición de hábitos e condutas saudables entre a infancia e a mocidade, como parte do seu desenvolvemento integral, así como a modificación daqueles comportamentos que resultan nocivos para a súa saúde.
XUVENTUDE. Educación para o desenvolvemento e cooperación internacional. Promovemos e difundimos valores humanitarios como a solidariedade, a xustiza, o respecto, a igualdade, o diálogo, a Paz e a cooperación internacional desde un enfoque de Dereitos Humanos e a través da sensibilización social e a educación para os Dereitos Humanos, a Paz e o Desenvolvemento
XUVENTUDE. Educación ambiental e sustentabilidade. Pretendemos transmitir coñecementos, concienciar e sensibilizar ao redor da problemática ambiental, potenciando nas persoas a adquisición de valores e actitudes positivas e respectuosas co medioambiente, que lles movan a participar de forma activa na súa protección e mellora.
XUVENTUDE. Participación. Apostamos por un modelo participativo no que todas as persoas que conformamos a asociación, sexan parte activa e representativa da mesma. Ofrecemos unha alternativa socioeducativa á infancia e mocidade e á sociedade en xeral desde un modelo de participación.
XUVENTUDE. Prevención de condutas violentas. Pretendemos promover a educación para a paz, a non violencia e a tolerancia entre a mocidade. Buscamos fomentar as relacións de igualdade e actitudes positivas que favorezan as relacións sociais, evitando, en calquera caso, usar a violencia á hora de resolver conflitos.
XUVENTUDE. Prevención consumo substancias. Cruz Vermella ten unha ampla experiencia en intervención e prevención do consumo de drogas e conta con varios servizos gratuítos de información e prevención
XUVENTUDE. Prevención VIH e SIDA. Cruz Vermella realiza unha intervención constante para sensibilizar e previr novas infeccións de VIH, atender e dar tratamento e apoio a persoas xa infectadas e para reducir o estigma e a discriminación.
XUVENTUDE. Portais de prevención pre20. A finalidade destes sitios é previr hábitos e comportamentos non saudables en nenos, nenas e novas, a través de estratexias metodolóxicas que se apoian na información, formación, participación e sensibilización.
EMPREGO. Garantía xuvenil. O proxecto incide na activación de persoas novas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación para a súa incorporación ao mercado laboral ou á formación. Estrutúrase en tres liñas de traballo interrelacionadas entre si. Motivación e activación de mozas para a súa vinculación ao mercado laboral. Orientación profesional para a toma de decisións para o seu futuro profesional. Asesoramento e acompañamento na procura eficaz a través de alianzas con empresas que permitan a súa transición ao mercado laboral ou reincorporación a formación.
EMPREGO. Alianzas con empresas. É un proxecto específico formativo, vinculada ao tecido empresarial, no que se combina formación en competencias básicas e transversais, capacitación profesional teórico-práctica e aprendizaxe en espazos laborais, permitindo unha transición ao mercado laboral efectiva e alta taxa de inserción.
EMPREGO. Alianzas con empresas - Reto social empresarial. Buscamos alianzas e compromisos que constrúan mercados laborais abertos nos que a orixe, a idade ou sexo non supoñan unha barreira. O papel das empresas na inserción laboral das persoas con máis dificultades de acceso ao emprego é imprescindible.
EMPREGO. Intensificados. Itinerarios integrais intensificados para persoas de moi baixa empleabilidad. É un proxecto que persegue mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social, na que multitude de factores afectan a diferentes esferas da súa vida. O proceso de inclusión social configúrase como unha intervención integral, e intensificada a través de accións de emprego, complementadas con outras accións de intervención social.
EMPREGO. Maiores de 45. O proxecto reforza a empleabilidad de persoas maiores de 45 anos con traxectorias profesionais descendentes e desemprego prolongado motivado pola crise, onde a idade e a formación desactualizada están a ser elementos de discriminación para a súa reincorporación ao emprego, con situacións que se agravan segundo achéganse á xubilación.
EMPREGO. Difícil inserción. Itinerarios integrais. O seu obxectivo é favorecer a igualdade de oportunidades no ámbito laboral das persoas en dificultade social, incrementando a súa autonomía, cualificación e oportunidades laborais de maneira que aumenten as súas posibilidades de acceder a un emprego. Trabállase con persoas desempleadas cuxas principais barreiras están centradas no ámbito laboral (paro de longa duración, falta de cualificación, escasos ingresos).
SAÚDE. Promoción da saúde. Co noso novo Plan de Saúde actuamos na sensibilización e prevención, dando ademais atención a persoas con estilo de vida non saudable e a persoas con inadecuada xestión da súa enfermidade.
FORMACIÓN. Cursos. Información e actualidade sobre actividades formativas.
FORMACIÓN. Cursos con certificados de profesionalidade. Os Certificados de Profesionalidade capacítanche para o desenvolvemento dunha actividade laboral e teñen carácter oficial e validez en toda a Unión Europea. Son expedidos polo SEPE e os órganos competentes das diferentes Comunidades Autónomas e impartidos unicamente por entidades homologadas. Ofrécense en Lugo, e o resto da provincia de Lugo. Socorrismo, Coidadores...
FORMACIÓN. Outros cursos. Cruz Vermella Lugo ofrece cursos e unha formación de calidade en base á experiencia que posúe como organización de referencia na atención de emerxencias e de persoas.
FORMACIÓN. Centros de formación. Localización de locais e aulas formativas.
ATENCIÓN ADICCIÓNS. Programas e proxectos. Atención e tratamento integral a toxicómanos e persoas con dependencias, do alcohol, a cocaína, o hachís, a heroína, outras substancias adictivas e estupefacientes diversas.
ATENCIÓN ADCICIÓNS. UAD. É un centro ambulatorio especializado no tratamento das diferentes adicións (tabaco, alcol, drogas ilegais, xogo, etc.) que conta cun equipo multidisciplinar para a atención integral das diferentes situacións de dependencia que se presentan.
ATENCIÓN ADICCIÓNS. Bonxe. Brindamos a nosa axuda a persoas con problemas de drogradicción no centro penal de Bonxe, para axudarlles a abandonar o consumo de drogas, e tamén facemos un traballo preventivo co fin de mellorar a súa calidade de vida.
ATENCIÓN ADICCIÓNS. UAD. Ofrecemos axuda para cubrir as necesidades sociais básicas e para facilitar o acceso e mantemento de tratamentos ás persoas con drogodependencia.
XUVENTUDE. Prevención consumo substancias. Cruz Vermella ten unha ampla experiencia en intervención e prevención do consumo de drogas e conta con varios servizos gratuítos de información e prevención
SAÚDE. Persoas en programas de atención e prevención VIH-SIDA. Realizamos unha intervención constante para sensibilizar e previr novas infeccións de VIH, atender e dar tratamento e apoio a persoas xa infectadas e para reducir o estigma e a discriminación.
SAÚDE. Atención integral a persoas con VIH en situación de vulnerabilidade. Brindamos atención a persoas que conviven con VIH/SIDA e que se atopen en situación de vulnerabilidade, exclusión social ou en risco de padecela.
XUVENTUDE. Prevención VIH e SIDA. Cruz Vermella realiza unha intervención constante para sensibilizar e previr novas infeccións de VIH, atender e dar tratamento e apoio a persoas xa infectadas e para reducir o estigma e a discriminación.
PERSOAS MAIORES. Persoas maiores, dependentes e coidadoras. Queremos que as persoas maiores vivan no seu domicilio o maior tempo posible e fomentamos a súa autonomía persoal, o envellecemento saudable e acompañamento. Xestionamos servizos de novas tecnoloxías para mellorar a calidade de vida e a atención das persoas maiores.
PERSOAS MAIORES. Axuda a domicilio. Este proxecto trata de evitar o illamento das persoas maiores, facilitando a súa mobilidade e o seu contacto coa contorna.
PERSOAS MAIORES. Axuda a coidadores de persoas enfermas de Alzheimer o demencias. Apoio psicolóxico, de respiro, formación e recursos para coidadores non profesionais de persoas maiores dependentes con demencia.
PERSOAS MAIORES. Localización de persoas. Lope é un servizo para familiares e coidadores de persoas con deterioración cognitiva leve ou discapacidade. Posibilita a permanencia da persoa na súa contorna familiar e facilita o labor do coidador/a habitual. En caso de necesidade proporciona atención inmediata con xeolocalización por dispositivo GPS.
PERSOAS MAIORES. Apoio temporal a familias con persoas maiores ao seu cargo. Con este proxecto preténdese mellorar as situacións de deterioración persoal ou familiar que se derivan do coidado intensivo das persoas dependentes.
PERSOAS MAIORES. Saúde constante. Neste proxecto equipos de voluntarios visitan ás persoas maiores nos seus domicilios realizando controis periódicos de tensión arterial, peso, glucemia, e facilitando asesoramento e compañía.
PERSOAS MAIORES. Teleasistencia domiciliaria. O Servizo de Teleasitencia Domiciliaria de Cruz Vermella dá unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas ao día e 365 dìas ao ano.
PERSOAS MAIORES. Teleasistencia móbil accesible. A teleasistencia móbil fomenta a autonomía achegando tranquilidade e seguridade tanto á persoa que o utiliza como aos seus familiares e persoas próximas.
PERSOAS MAIORES. Transporte adaptado. Servizo de traslado en vehículos adaptados de persoas con discapacidade a centros de atención sanitaria, rehabilitación, postos de traballo, centros educativos, actividades de lecer, etc....
PERSOAS MAIORES. Redes sociais para personas maiores. Preténdese mellorar as relacións sociais das persoas maiores e aplicar as novas tecnoloxías como ferramenta de comunicación.
PERSOAS MAIORES. Talleres e cursos de estimulación cognitiva. Preténdese optimizar e mellorar o funcionamento das capacidades cognitivas das persoas con deterioración cognitiva leve e tamén das persoas maiores para prevención da demencia a través da realización de exercicios, prácticas e actividades especificas.
PERSONAS MAIORES.Prevención do maltrato. Tratamos de promover un marco positivo de convivencia coas persoas maiores así como previr, protexer e apoiar a aquelas que sofren ou poderían sufrir calquera tipo de maltrato.
TELEASISTENCIA. Cóidate +. Servizo que fomenta o autocuidado grazas ao seguimento proactivo da saúde para previr enfermidades, vixiar pequenas doenzas cotiás ou controlar enfermidades crónicas.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Proxectos. Realizamos proxectos de axuda a persoas en situación de necesidade, colaborando con elas para paliar a súa vulnerabilidade ata onde alcancen os nosos recursos tanto materiais como humanos.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Atención urxente ás necesidades básicas. Con este proxecto preténdese apoiar a persoas que se atopan en situacións de vulnerabilidade, contribuíndo na cobertura das súas necesidades básicas e a que poidan facer fronte a algúns dos gastos derivados da vivenda.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Axuda aos máis desfavorecidos. Este programa distribúe, de forma gratuíta, alimentos derivados dos excedentes de produción da Unión Europea entre a poboación máis vulnerable. Os beneficiarios son persoas ou grupos familiares cunha situación económica precaria e con dificultades para acceder aos medios básicos de supervivencia.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Pobreza enerxética. Axudamos ás persoas en situación de vulnerabilidade a manter a súa vivenda en condicións adecuadas de temperatura durante o inverno.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Atención integral a personas sen fogar. Desde o centro, situado na Oficina Provincial de Lugo, realízanse actuacións específicas co colectivo de transeúntes e persoas sen fogar, para contribuír á mellora da súa calidade de vida.
PERSOAS EN SITUACIÓN DE EXTREMA VULNERABILIDADE. Proxecto integral de inclusión social e activación laboral en zonas desfavorecidas. Ofrecemos atención básica e cobertura ás necesidades sociais das persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade social mediante unha adecuada acolleita nas zonas máis desfavorecidas e brindamos atención e información integra sobre recursos sociais e laborais como ferramentas de achegamento á sociedade.
XUVENTUDE. Intervención e inclusión social. Actuamos en favor do cumprimento dos dereitos fundamentais da infancia e a mocidade, promovendo a mellora das condicións de vida das persoas en situación e/ou risco de dificultade social, infancia e/ou mocidade desprotexida, con discapacidade, desempregada, hospitalizada, inmigrante e familias.
INFANCIA EN DIFICULTADE SOCIAL. Proxectos y actividades. Realizamos proxectos e actividades de protección á infancia máis vulnerable en situación de risco abordando de maneira integral as súas necesidades, protexendo os seus dereitos e reforzando as súas capacidades. Algúns destes proxectos levan a cabo conxuntamente con Cruz Vermella Xuventude..
INFANCIA EN DIFICULTADE SOCIAL. Familias de acollemento. Este programa busca que menores familias nas que non poidan ser atendidos sexan acollidos temporalmente por unhas persoas que lles ofrezan o seu fogar, que lles dean os coidados, a seguridade e a educación que necesitan e que lles permita manter, se é posible, o contacto cos seus pais ou con outros familiares.
INFANCIA EN DIFICULTADE SOCIAL. Intervención familiar. Ofrecemos un soporte socioeducativo ás familias con nenos e familias en dificultade social. Apoiamos no proceso de crianza e educación dos menores aos familiares e titores dos nenos e nenas.
XUVENTUDE. Intervención e inclusión social. Actuamos en favor do cumprimento dos dereitos fundamentais da infancia e a mocidade, promovendo a mellora das condicións de vida das persoas en situación e/ou risco de dificultade social, infancia e/ou mocidade desprotexida, con discapacidade, desempregada, hospitalizada, inmigrante e familias.
MULLERES EN DIFICULTADE SOCIAL. Proxectos. Axudamos a mulleres afectadas pola pobreza e exclusión social, en situación de vulnerabilidade e/ou con dificultades sociais, vítimas de violencia de xénero ou explotación sexual.
MULLERES EN DIFICULTADE SOCIAL. Atención, asesoramamiento, motivación e activación. Este proxecto ofrece resposta integral ás distintas situacións de illamento, exclusión social e vulnerabilidade que sofren moitas mulleres, que non dispoñen de rede de apoio familiar e/ou social, carecen de recursos económicos, ou teñen menores ao seu cargo.
MULLERES EN DIFICULTADE SOCIAL. Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero. O Servizo Telefónico de Atención e Protección para vítimas da violencia de xénero (ATENPRO) ofrece ás vítimas de violencia de xénero unha atención inmediata, ante as eventualidades que lles poidan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal for o lugar en que se atopen.
PERSONAS REFUGIADAS. Acogimiento e integración de personas beneficiarias de protección internacional. Queremos atender as necesidades de emerxencia humanitaria das persoas refuxiadas, obrigadas á emigración forzosa, incluíndo a súa inserción laboral, e tratando de evitar a exclusión social, a discriminación, o racismo e a xenofobia.
PERSOAS INMIGRANTES. Persoas inmigrantes, solicitantes de asilo, refuxiados e desprazados. Proxectos de acollida e intervención social que intentan dar resposta ás solicitudes e necesidades que plantexan as persoas inmigrantes.
PERSOAS INMIGRANTES. Intervención social, asesoramento, formación. Este proxecto pretende dar resposta ás necesidades máis básicas das persoas inmigrantes e ofrece integración social, asesoramento e axuda na aprendizaxe do idioma e costumes.
PERSOAS INMIGRANTES. Reagrupación familiar. O noso obxectivo é facer posible a unión de familias separadas por causas políticas e/ou económicas, cuxos membros teñan legalmente dereito a ser reagrupados en España.
RESTABLECEMENTO DO CONTACTO ENTRE FAMILIARES. Procuras. Tratamos de axudar ás familias cando se perdeu o contacto con algún dos seus membros, por mor dun conflito armado ou outra situación de violencia; unha catástrofe natural ou nunha situación con repercusións humanitarias.
SOCORROS E URXENCIAS. Actividades e proxectos. Actividades e proxectos de Cruz Vermella en favor das persoas e do seu medio ambiente ante accidentes, desastres, prevención e intervención en casos de emerxencias ou crises.
SERVIZOS PREVENTIVOS. Cobertura sanitaria en actos de risco previsible. Este programa dá cobertura preventivo-sanitaria aos acontecementos que implican unha gran afluencia de persoas, e que fai aumentar o risco de que ocorra un incidente, ou actividades que puidesen entrañar riscos a participantes e público.
SOCORROS E URXENCIAS. Emerxencias terrestres. O noso obxectivo principal en emerxencias terrestres é axudar nas diferentes situacións provocadas pola manifestación dun risco ou un accidente, colaborando na resolución das mesmas.
SOCORROS E URXENCIAS. Salvamento marítimo. O noso obxectivo protexer a vida humana no mar, así como a loita contra a contaminación mariña.
ERIE. Equipos de resposta inmediata en urxencias. O obxectivo destes equipos é atender de maneira especializada as necesidades das persoas afectadas por unha situación de emerxencia e/ou crise.
SOCORROS E URXENCIAS. Recursos humanos. Contamos cun equipo multidisciplinar, formado por profesionais con diferentes perfís, para garantir a resposta máis eficaz en cada caso.
SOCORROS E URXENCIAS. Ambulancias, vehículos, embarcacións, postos sanitarios. Encargámonos de definir unha estratexia integral sanitaria para cubrir tanto eventuais emerxencias colectivas como as necesidades de asistencia sanitaria individual xa sexa no medio terrestre ou acuático.
SOCORROS E URXENCIAS. Centro de coordinación Galicia. Este centro coordina os recursos asistenciais nos programas de Transporte sanitario, Salvamento marítimo, Teleasistencia e Xeolocalización; dando soporte a todos os proxectos de Cruz Vermella Española en Galicia.
SOCORROS E URXENCIAS. Bases terrestres. Mapa de localización de bases de Cruz Vermella Española en Galicia.
SOCORROS E URXENCIAS. Bases marítimas. Mapa de localización de bases de Cruz Vermella Española en Galicia.
SOCORROS E URXENCIAS. Axuda internacional humanitaria. As ERU(Unidades de Resposta a Urxencias) teñen a finalidade de ofrecer Axuda Internacional Humanitaria para minimizar ao máximo os efectos producidos polas catástrofes na poboación afectada e, en concreto, nos colectivos máis vulnerables (mulleres, nenos, anciáns, enfermos e discapacitados).
TELEASISTENCIA. Servizos de Teleasistencia de Cruz Vermella. Independencia, seguridade e tranquilidade. Información detallada sobre todos os servizos de Teleasistencia de Cruz Vermella.
TELEASISTENCIA. Teleasistencia domiciliaria básica. O Servizo de Teleasitencia Domiciliaria de Cruz Vermella dá unha resposta inmediata en situacións de emerxencia, 24 horas ao día e 365 dìas ao ano.
TELEASISTENCIA. Teleasistencia domiciliaria avanzada. A teleasistencia avanzada ofrece contacto permanente a calquera hora todos os días do ano, atención inmediata ante calquera emerxencia, seguimento continuado, seguimento personalizado adaptado ás necesidades, actividades para continuar activo e conectado e cercania, de visitas de persoas voluntarias de Cruz Vermella.
TELEASISTENCIA. Teleasistencia domiciliaria Cuídate +. Este servizo ofrece contacto permanente a calquera hora todos os días do ano, atención inmediata ante calquera emerxencia, seguimento continuado para coñecer o estado, seguimento personalizado adaptado ás necesidades... .
TELEASISTENCIA. Teleasistencia móbil accesible. A teleasistencia móbil fomenta a autonomía achegando tranquilidade e seguridade tanto á persoa que o utiliza como aos seus familiares e persoas próximas.
TELEASISTENCIA. Teleasistencia localización de persoas. Lope é un servizo para familiares e coidadores de persoas con deterioración cognitiva leve ou discapacidade. Posibilita a permanencia da persoa na súa contorna familiar e facilita o labor do coidador/a habitual. En caso de necesidade proporciona atención inmediata con xeolocalización por dispositivo GPS.
TELEASISTENCIA. Teleasistencia fácil instalación en cualquier poboación. Rápida instalación no seu propio domicilio, onde haxa liña telefónica é posible instalar teleasistencia domiciliaria.
TELEASISTENCIA. Dispositivos de teleasistencia avanzada. Sensores e detectores, monitorización do fogar. Teleasistencia de segunda xeración.
MEDIO AMBIENTE. Sensibilización e Formación. En Cruz Vermella traballamos na protección e conservación do medio ambiente, desde o punto de vista das persoas. O noso obxectivo é mellorar a calidade de vida de todas as persoas e especialmente dos colectivos vulnerables, protexendo a contorna onde se desenvolven.
SENSIBILIZACIÓN. Sensibilización, formación e intervención en medio ambiente. Apostamos por un modelo de desenvolvemento sustentable e por iso fomentamos a defensa e conservación do medio ambiente mediante a realización de actividades de educación e sensibilización ambiental, procurando así un maior equilibrio entre os seres humanos e a natureza e mellorando a calidade de vida das persoas máis vulnerables.
XUVENTUDE. Educación ambiental e sustentabilidade. Pretendemos transmitir coñecementos, concienciar e sensibilizar ao redor da problemática ambiental, potenciando nas persoas a adquisición de valores e actitudes positivas e respectuosas co medioambiente, que lles movan a participar de forma activa na súa protección e mellora.
XUVENTUDE E COOPERACIÓN INTERNACIONAL. Obxectivos de desenvolvemento sustentable. En Cruz Vermella estamos comprometidos cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable para acabar cos abusos, as desigualdades e a violación dos dereitos humanos.
CAPTACIÓN. Socios e doantes. A túa achega é moi valiosa para que o labor solidario de Cruz Vermella chegue cada vez a máis persoas.
DOACIONES. Legados e herdanzas. Hai unha forma de que o teu compromiso por un mundo mellor, máis xusto, perdure incluso cando ti non esteas: incluír a Cruz Vermella no teu testamento. Queremos ofrecerche a posibilidade de que cando a túa voz cale, o teu corazón poida seguir falando a favor das persoas máis necesitadas.
SOCIOS Y DONANTES. Faite socio. Estamos comprometidos coa humanidade, coa construción dun mundo máis xusto. A túa achega é moi valiosa para que o labor solidario de Cruz Vermella chegue cada vez a máis persoas. Faite socio
SOCIOS E DOANTES. Ventaxas fiscais. Es socio ou doante de Cruz Vermella?. Calcula canto poderás desgravarte polas túas doazóns a Cruz Vermella. Actualiza a túa achega. Aínda non es socio?. Faite socio
SORTEO DE OURO. Grazas por decir Sí.
VOLUNTARIADO. Queres ser voluntario ou voluntaria de Cruz Vermella?. Non podemos máis que animarche a que te sumes ao movemento humanitario máis grande do mundo. Necesitamos máis persoas voluntarias para atender máis e mellor a quenes máis o necesitan.
PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS. Cruz Vermella Española pertence á Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella, que promove as actividades humanitarias das Sociedades Nacionais en favor das persoas vulnerables.