Coidarse e estar seguro nunca foi tan fácil
Tranquilidade
Tanto para quen o utiliza como para a contorna familiar ou persoal, ao saber que estás conectado e atendido por un equipo de profesionais con vocación polas persoas.
Seguridade
En caso de vivir ou pasar tempo en soidade, coidar doutras persoas, non ter familiares preto... saber que sempre (as 24 horas, os 365 días) podes contar connosco permite gozar das cousas realmente importantes da vida.
Resposta inmediata
A necesidades vitais ao mobilizar os recursos necesarios grazas aos datos de saúde e persoais que nos facilitaches.
Protección constante
Tanto dentro como fóra da casa, sen importar idade ou situación persoal.
Independencia
Para permanecer no fogar e contorna habitual.
Aforro
Ao contribuír a reducir os custos económicos e persoais que se producen ante os imprevistos da vida.
Teleasistencia na casa
Acompañámoste no teu día a día para que te sintas seguro e acompañado.
Teleasistencia móbil
Sempre ao teu lado, esteas onde esteas, tanto dentro como fóra do fogar.
LoPe
Co localizador de persoas axudámoste a coidar dos teus seres queridos, facilitando a súa localización xeográfica.